As Nacións Unidas teñen declarado 2020 Ano Internacional da Sanidade Vexetal (AISV). Este ano é unha oportunidade única e irrepetible para sensibilizar a escala internacional sobre como a protección da sanidade vexetal pode axudar a acabar coa fame, reducir a pobreza, protexer o medio ambiente e estimular o desenvolvemento económico.