Inicio Listado novas AAE PRS para cr...

AAE PRS para creación de SI para as instalacións da mercantil Talleres Ganomagoga S.L.U., Ponteareas

Avaliación Ambiental Estratéxica

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Proxecto sectorial creación de solo industrial para as instalacións da mercantil Talleres Ganomagoga S.L.U. no lugar da Gándara, parroquia de Ares, concello de Ponteareas. Promotor: TALLERES GANOMAGOGA S.L.U. Expediente: 2020AAE2420. Código Web: 2292/2020. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.

Ligazón

O prazo para esta consulta está aberto dende o día 22/01/2020 ata o día 26/03/2020.