Inicio Listado novas Economía circul...

Economía circular: novo plan de acción para aumentar a reciclaxe e a reutilización de produtos na UE

Consulta pública

Aberta unha consulta pública sobre o novo plan de acción en economía circular para incrementar a reciclaxe e o reúso de produtos na Unión Europea. Aberta ata o 20 de xaneiro. O novo plan de acción en economía circular pretende acelerar a transición da economía da Unión Europea a un esquema circular e ademais fortalecer o tecido industrial, loitar contra o cambio climático e preservar o medio ambiente natural. Este novo plan analizará os ciclos de vida dos produtos e materiais para asegurar a sustentabilidade no uso dos recursos abordando, fundamentalmente, sectores intensivos no seu uso, tales como téxtil, construción, electrónica e plásticos.

Ligazón