Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións; residencia e centro de día para persoas discapacitadas psíquicas adultas, concello de Cervo. Promotor: Concello de Cervo. Órgano substantivo: Concello de Cervo. Expediente: 2019AAE2410. Código Web: 2290/2020. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.
O prazo para esta consulta está aberto dende o día 16/01/2020 ata o día 16/03/2020 na seguinte ligazón