Inicio Listado novas Modificación do...

Modificación do Acordo do 27 de xaneiro de 2026, polo que se someten a IP documentación de varios parques eólicos e da súa infraestrutura de evacuación.

Información pública

ACORDO do 10 de marzo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se modifica o Acordo do 27 de xaneiro de 2026 polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) conxunto dos parques eólicos Margarita 18 (expediente IN408A 2024/012), Cote 25 (expediente IN408A 2024/013), Nao 19 (expediente IN408A 2024/011), Galera 25 (expediente IN408A 2024/014), situados no concello de Oia, e da súa infraestrutura de evacuación LSAT 20 kV CS Alto das Veigas-SE UFD Gondomar (expediente IN408A 2024/026), situada nos concellos de Oia, Baiona e Gondomar, que incorpora ao trámite de información pública nova documentación ambiental ampliada relativa aos anteriores expedientes, e se volve iniciar o prazo correspondente.

Ligazón

Prazo: trinta (30) días, a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.