Inicio Listado novas Plan especial p...

Plan especial protección, infraestruturas e dotacións para a implantación de adega e actividades de enoturismo en Santo André de Campo Redondo, no concello de Ribadavia

Avaliación ambiental estratéxica simplificada

Está a súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Plan especial protección, infraestruturas e dotacións para a implantación de adega e actividades de enoturismo en Santo André de Campo Redondo, no concello de Ribadavia. Promotor: Bodegas Casal de Arman S.L. Órgano substantivo: Concello de Ribadavia. Expediente: 2019AAE2396. Código web: 2265/2019. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.

O prazo para esta consulta está aberto dende o día 30/10/2019 ata o día 30/12/2019 na seguinte ligazón