Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual do PXOM da Coruña no ámbito do Plan especial de mellora e desenvolvemento L41 Feáns II. Promotor e órgano substantivo: Concello da Coruña. Expediente: 2019AAE2387. Código web: 2252/2019. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.