Inicio Listado novas AAE simplificad...

AAE simplificada Modificación puntual do PXOM de San Cibrao das Viñas para establecer os novos límites dos sectores de solo urbanizable SUR-R13 e SUR-R17

Avaliación Ambiental Estratéxica

Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual do PXOM de San Cibrao das Viñas para establecer os novos límites dos sectores de solo urbanizable SUR-R13 e SUR-R17. Promotor: Concello de San Cibrao das Viñas. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Expediente: 2019AAE2384. Código web: 2251/2019. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.


Ligazón