Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Plan especial de infraestruturas e dotacións para instalacións deportivas do Real Club Celta de Vigo S.A.D., Pereiras, Mos. Promotor: REAL CLUB CELTA DE VIGO, S.A.D. Órgano substantivo: Concello de Mos. Expediente: 2019AAE2352. Código web: 2250/2019. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.