Está á súa disposición, co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o documento ambiental estratéxico e o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal no ámbito do POL K32 Monte Fieiteira, A Coruña. Promotor: Concello da Coruña. Órgano substantivo: Concello da Coruña. Expediente: 2019AAE2367. Código web: 2232/2019. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.