ANUNCIO do 31 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para unha planta de valorización de residuos para a produción de adicións de uso industrial localizada no Porto Exterior da Coruña, concello de Arteixo (A Coruña). Titular: Euroash Recycling Corporation, S.L. (expediente 2024-IPPC-I-165).
Prazo: trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.