Coa posta en marcha deste Observatorio prestaranse asesoramentos, análises ou seguimentos para calquera política pública da Administración autonómica e os seus entes dependentes, que teñen como obxectivo mellorar a vida das mulleres rurais e do mar ao longo de todo o seu ciclo vital, en todos os ámbitos da súa vida, especialmente no laboral, urbanístico, ambiental e de infraestruturas, saúde e educación, así como conciliación e ocio.
Prazo para remitir achegas/opinións: 02/09/2025 - 17/09/2025