Inicio Listado novas Decreto polo qu...

Decreto polo que se aproba o Estatuto das mulleres do rural de Galicia

Consultar previa

O Estatuto das mulleres do rural de Galicia ten como obxectivo garantir a igualdade real entre mulleres e homes no rural, recoñecendo os dereitos das mulleres ao emprego, á formación, aos recursos e á participación na vida pública. Busca promover o apoderamento feminino mediante o apoio ao emprendemento, a titularidade compartida, a visibilización do seu traballo e a súa presenza nos órganos de decisión, ademais de prever medidas contra a violencia e o acoso laboral. Tamén pretende incorporar a perspectiva de xénero nas políticas públicas rurais, impulsar a conciliación, a dixitalización e o acceso á información, contribuíndo así a un rural máis xusto, inclusivo e sostible.

Ligazón

Prazo para remitir achegas/opinións: 17/09/2025