Inicio Listado novas Información púb...

Información pública do proxecto Explotación de 38342 polos en réxime intensivo, no lugar da Coutada, parroquia de Vilar de Santos

Avaliación de Impacto Ambiental

ANUNCIO do 4 de xuño de 2019, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto Explotación de 38342 polos en réxime intensivo, no lugar da Coutada, parroquia de Vilar de Santos, concello de Vilar de Santos (expediente 2018/0032).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto do estudo de impacto ambiental para o proxecto Explotación de 38.342 polos en réxime intensivo, no lugar da Coutada, na parroquia de Vilar de Santos, promovido por Morauso, S.A., nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, fomular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://cmatv.xunta.gal/participacion-avaliacion-proxectos

Ligazón ao anuncio