ANUNCIO do 7 de xullo de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se someten a información pública as solicitudes de inclusión de dúas formacións e unha árbore no Catálogo galego de árbores senlleiras.
Ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto a elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».