Inicio Listado novas Decreto polo qu...

Decreto polo que se aproba o Catálogo de bens de valor cultural no litoral

Consulta pública

A Disposición adicional sexta da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia establece que será o Consello da Xunta, por proposta da consellaría competente en materia de medio ambiente, logo do informe favorable do departamento competente en materia de patrimonio cultural, o que aprobe o catálogo de bens de valor cultural no litoral, sobre os que se poderán promover as actuacións estratéxicas recollidas no artigo 58 desta lei. Establece ademais que no procedemento de aprobación do catálogo se abrirá un trámite de información pública para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen pertinentes.

Prazo para remitir achegas/opinións: 01/07/2025 - 01/08/2025

Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado

LIGAZÓN