Inicio Listado novas Decreto polo qu...

Decreto polo que se regula o procedemento integrado para a obtención de títulos de intervención no litoral de Galicia

Consulta pública

Este innovador procedemento integrado, previsto na Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, permitirá que o exercicio dun uso pretendido no litoral galego se poida obter trala tramitación dun único procedemento, que integre, de resultar posible, todos os títulos de intervención requiridos pola normativa vixente. Así mesmo, este decreto adaptará ao disposto na Lei 4/2023, do 6 de xullo, o vixente Decreto 97/2019, do 18 de xullo, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre.

Prazo para remitir achegas/opinións: 10/06/2025 - 10/07/2025

Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado :

LIGAZÓN