Inicio Listado novas Consulta públic...

Consulta pública do Informe nacional de implementación do Convenio de Aarhus 2025

Información pública

O Convenio de Aarhus, que ten por obxecto facilitar o acceso á información, a participación pública na toma de decisións e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, ás persoas físicas e xurídicas, foi adoptado na Conferencia Ministerial “Medio ambiente para Europa” celebrada en Aarhus (Dinamarca), o 25 de xuño de 1998 e foi ratificado por España o 15 de decembro de 2004, entrando en vigor o 31 de marzo de 2005. O artigo 10.2 do Convenio impón, a cada unha das partes do mesmo, a obrigación de presentar, con carácter previo a cada Reunión das Partes do Convenio, un Informe Nacional de Cumprimento no que se detallen as medidas lexislativas, reguladoras e outras medidas, adoptadas para cumprir co articulado do Convenio e poñelo en práctica. A próxima Reunión das Partes do Convenio terá lugar en Xenebra (Suíza) do 17 ao 21 de novembro 2025, debendo remitirse o Informe Nacional de Cumprimento á Secretaría do Convenio con antelación ao comezo desa Reunión.

Solicítanse achegas do público en relación ao contido do informe. Tendo en conta a súa visión sobre a implementación do Convenio de Aarhus en España e os diferentes apartados da plantilla do informe, ¿que apartados considera vostede que supuxeron máis dificultades para España, e por tanto deberían recibir máis atención no informe nacional de implementación? ¿que problemas citaría en relación cos devanditos apartados? 
 
Poden enviarse os comentarios ou observacións ao mesmo ás seguintes direccións de correo electrónico: Aarhus-buzon@miteco.es
 
Prazo de remisión:  Ata o luns, 14 de xullo de 2025 
 
LIGAZÓN