Inicio Listado novas 23 de Marzo - D...

23 de Marzo - Día Meteorolóxico Mundial

Días Mundiais

Cada ano, o Día Meteorolóxico Mundial conmemora a entrada en vigor, o 23 de marzo de 1950, do Convenio polo que se creou a Organización Meteorolóxica Mundial (OMM). Esta conmemoración pon de relevo a contribución fundamental dos Servizos Meteorolóxicos e Hidrolóxicos Nacionais á seguridade e ao benestar da sociedade, e celébrase mediante diversas actividades en todo o mundo. O tema do Día Meteorolóxico Mundial de 2025 é "Xuntos, reduzamos a brecha nos sistemas de alerta temperá".

https://wmo.int/es/dia-meteorologico-mundial