Inicio Listado novas Novo coeficient...

Novo coeficiente de absorción para o cálculo da concentración de ozono

Novas

A comunidade metrológica internacional adoptou un novo valor para o coeficiente de absorción de ozono (cros-section) utilizado no cálculo da concentración de ozono en aire ambiente mediante fotometría UV (método de referencia para a determinación de ozono RD 102/2011). O novo coeficiente CCQM.Ou3.2019 incrementa a exactitude da medida de ozono en aire ambiente. Para adaptarse a este cambio, a Comisión Europea exhorta aos Estados Membros a implementar o novo coeficiente. Co obxecto de adoptar este cambio en España, en data 12 de marzo de 2025 os datos comunicados de Ozono, tanto en tempo real como de forma retroactiva desde o 1 de xaneiro de 2025, empregan o coeficiente CCQM.Ou3.2019.

Ligazón