ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a participación pública a memoria para a declaración do espazo privado de interese natural Macizo Rochoso do Galiñeiro, no concello de Gondomar (Pontevedra).
Abrir un período de participación ao público da memoria para a declaración como espazo privado de interese local do enclave denominado «Macizo Rochoso do Galiñeiro» durante o prazo dun (1) mes, contado o dito período desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, (Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2025 Páx. 8255)