Ao longo dos séculos, os pobos de montaña levaron a cabo múltiples estratexias para adaptarse á súa contorna, enfrontarse ás hostilidades do cambio climático, reducir a pobreza e protexer a biodiversidade. Este ano, o Día Internacional das Montañas céntrase precisamente nesa virtude das súas xentes, e de aí o seu tema con triplo enfoque: "Solucións baseadas nas montañas para un futuro sostible: innovación, adaptación e mocidade".