A Semana Europea da Redución de Residuos traballa coa xerarquía de residuos. As accións levadas a cabo na EWWR céntranse nas 3R: promovemos a REDUCIÓN do consumo, a REUTILIZACIÓN de produtos e materiais, e a RECICLAXE de residuos. Estas son as principais Rs (aínda que hai moitas outras) a ter en conta á hora de revalorizar os hábitos de consumo.