ANUNCIO do 12 de setembro de 2024, da Subdirección Xeral de Minas, polo que se someten a información pública o plan de restauración e o proxecto de investigación da solicitude de outorgamento do permiso de investigación Padesa II 2ª fracción número 4.088, nos termos municipais de Carballeda de Valdeorras (Ourense) e Puente de Domingo Flórez (León).
As alegacións débense remitir á Subdirección Xeral de Minas do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, ao enderezo de correo electrónico bzn-sgminas@miteco.es, indicando no asunto «Alegacións solicitude permiso de investigación Padesa II», ou ben mediante un escrito dirixido á referida unidade, con enderezo en Paseo de la Castellana, 160, 28046 Madrid.