Inicio Listado novas IP da documenta...

IP da documentación do proxecto de modificación substancial das instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación (proxecto renovación tecnolóxica do PE de Muras)

Información pública

ACORDO do 23 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública (DUP), en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental (EIA) do proxecto de modificación substancial das instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto de renovación tecnolóxica do parque eólico de Muras, nos concellos de Muras e Ourol (expediente IN408A 2024/010).

Ligazón

Prazo: trinta (30) días a partir do seguinte ao da  publicación deste acordo no DOG