Inicio Listado novas 24 de maio - Dí...

24 de maio - Día Europeo dos Parques 2024

Día Europeo

Os primeiros parques nacionais europeos declaráronse en Suecia o 24 de maio de 1909. Para conmemorar esta efeméride, a Federación EUROPARC promove desde 1999 a celebración do Día Europeo dos Parques, na súa edición 2024 co lema Vota pola Natureza!

No Día Europeo dos Parques, a Federación EUROPARC quere resaltar a importancia das áreas protexidas para o desenvolvemento e a implementación de políticas de conservación e benestar das persoas, o seu papel central para garantir unha sociedade sustentable e resiliente para que toda a cidadanía poida vivir en harmonía.

LIGAZÓN