Inicio Listado novas 22 de marzo, Dí...

22 de marzo, Día Mundial da Auga

Día Mundial

Sen dúbida este 2023 é o ano de adquirir compromisos con respecto ao uso da auga e o seu saneamento. E é que a celebración deste día mundial coincide co arranque da Conferencia da ONU sobre a auga 2023 (22-24 de marzo, New York). A conferencia será unha oportunidade única para buscar solucións á crise actual da auga e o saneamento. Os gobernos e toda a sociedade interesada no tema uniranse neste evento para asumir compromisos voluntarios que aceleren o progreso no ODS 6 (Auga limpa e saneamento) e outras metas relacionadas coa auga acordadas internacionalmente. Serán precisamente estes compromisos os que formen a chamada Axenda de Acción da auga, un plan rápido e transformador no que tamén pode estar reflectida a túa acción individual.

Ligazón