Inicio Listado novas Día Internacion...

Día Internacional dos Bosques, 21 de marzo

Días internacionais

Os bosques son fundamentais para combater o cambio climático, polo que contribúen significativamente ao beneficio das xeracións presentes e futuras, exercen un papel fundamental na erradicación da pobreza e contribúen ao logro de moitas metas contempladas nos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS). Pero a pesar dos incribles beneficios ecolóxicos, económicos e sociais, os bosques atópanse ameazados polos incendios forestais, a seca, as pragas e unha deforestación sen precedentes. O tema para 2023 do Día Internacional é: Bosques e saúde. Trátase dun chamamento para coidar dos bosques, non só beneficiarnos deles. Só a través duns bosques sans conseguiremos ter poboacións sas.

https://www.un.org/es/observances/forests-and-trees-day