O Día Mundial da Vida Silvestre bríndanos a ocasión de celebrar a beleza e a variedade da flora e a fauna salvaxes, crear conciencia sobre a multitude de beneficios que achegan e a necesidade urxente de combater os delitos contra o medio ambiente e a diminución de especies por mor da actividade humana, que carrexan consecuencias negativas de gran alcance no ámbito económico, ambiental e social. Este ano, o Día Mundial da Vida Silvestre leva como título: "Alianzas en favor da conservación da vida silvestre" en homenaxe a todas aquelas persoas que marcan a diferenza. Pero este ano conmemórase unha alianza moi especial para a ONU: o 50ª aniversario da Convención sobre o Comercio Internacional de Especies Ameazadas de Fauna e Flora Silvestres, CITES, polas súas siglas en inglés.