Inicio Listado novas Ampliación dunh...

Ampliación dunha explotación avícola para produción de ovo campeiro situada no concello de Antas de Ulla (expediente 2021-IPPC-I-35).

Autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental

ANUNCIO do 30 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental presentados por Froitos Ecolóxicos do Deza, S.L., para a ampliación dunha explotación avícola para produción de ovo campeiro situada no concello de Antas de Ulla (expediente 2021-IPPC-I-35).

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia,  DOG Núm. 2, Martes, 4 de xaneiro de 2022, Páx. 245