Anuncio do Servizo Provincial de Costas en Pontevedra polo que se somete a información pública a solicitude de concesión da AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS, para ocupación de bens de dominio público marítimo terrestre con destino a realización do “PROXECTO PS-1, ÁREA DE VIARIAS, ESPAZOS LIBRES E INFRAESTRUTURAS, DO PLAN SECTORIAL DE ORDENACIÓN TERRITORIAL DO CAMPUS CIENTÍFICO TECNOLÓXICO DO MAR NOS TERREOS DA ETA EN VIGO”, no termo municipal de Vigo (número de referencia: CNC02/21/36/0001).
O prazo para presentación de alegacións e observacións finaliza o 25/03/2021.