Inicio Listado novas Consulta públic...

Consulta pública axenda estratéxica " European Partnership Biodiversa"

Consulta pública

Consulta sobre a Axenda Estratéxica de Investigación, SRIA, do participado europeo " Biodiversa"

BiodivERsa identificouse, dentro da planificación estratéxica de Horizonte Europa, como un dos futuros " european partnerships" cofinanciados, cuxa inclusión está prevista dentro do Programa de Traballo de Horizonte Europa 2021-2022.
BiodivERsA é unha rede de organizacións nacionais e rexionais de financiamento que promove a investigación paneuropea sobre a biodiversidade e os servizos dos ecosistemas e ofrece oportunidades innovadoras para a conservación e a xestión sostible da biodiversidade. Esta consulta ten por obxecto solicitar as opinións dun espectro amplo de organizacións interesadas, académicas e non académicas, neste campo, e dar así a oportunidade de contribuír ao desenvolvemento conxunto do participado, representando unha oportunidade de participar na definición da estratexia e por tanto as liñas de investigación e innovación que se financien en futuras convocatorias.

Está aberta ata o próximo 22 de xaneiro e está accesible na seguinte ligazón.