Inicio Listado novas Revisión da aut...

Revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Pérez Rúa, C.B.,

Autorización ambiental integrada

ANUNCIO do 28 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Pérez Rúa, C.B., para unha explotación de ceba de porcos situada no concello de Sarreaus (expediente 2019-IPPC-M-68).

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese a información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

DOG Núm. 6, Martes, 12 de xaneiro de 2021, Páx. 1418