Inicio Listado novas Revisión da aut...

Revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Avícola Amoeiro, S.C.

Autorización ambiental integrada

ANUNCIO do 22 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Avícola Amoeiro, S.C. para a explotación avícola de galiñas poñedoras situada no concello de Amoeiro (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-86).

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese á información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

DOG Núm. 4, Venres, 8 de xaneiro de 2021, Páx. 679