Inicio Listado novas Información púb...

Información pública para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Galiza Verde, S.L.

Información pública

ANUNCIO do 28 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Galiza Verde, S.L. para a planta de valorización e almacenamento de residuos perigosos e non perigosos que se localiza no parque empresarial de Pazos, concello de Padrón (expediente 2019-IPPC-M-197).

Sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento presentado por Galiza Verde, S.L. para a revisión da autorización ambiental integrada, para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes.

O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

DOG Núm. 207, Mércores, 14 de outubro de 2020, Páx. 39860