Inicio Listado novas MP do PXOM e or...

MP do PXOM e ordenación detallada dun ámbito de SUNC comprendido na AR-1, O Barco de Valdeorras

Avaliación Ambiental Estratéxica

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual do PXOM do Barco de Valdeorras e ordenación detallada dun ámbito de solo urbano non consolidado comprendido na área de reparto AR-1 (PERI-1.1). Promotor: Concello do Barco de Valdeorras. Órgano substantivo: Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Expediente: 2020AAE2459. Código web: 2348/2020. No caso de que o estimen conveniente, prégase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do Plan.

Ligazón

O prazo para esta consulta está aberto dende o día 07.10.2020 ata o día 07.12.2020.