ANUNCIO do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Sociedad Cooperativa Unimiño, S.C.G., para unha explotación avícola intensiva de 52.920 galiñas reprodutoras no lugar do Pedrido, parroquia de Lea, no concello de Friol (expediente 2019-IPPC-M-117).
Sométese a información pública durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.