As abellas e outros polinizadores, como as bolboretas, os morcegos e os colibríes, están, cada vez máis, ameazados polos efectos da actividade humana. A polinización é un proceso fundamental para a supervivencia dos ecosistemas, esencial para a produción e reprodución de moitos cultivos e plantas silvestres. O obxectivo principal é protexer ás abellas e a outros polinizadores para que poidan contribuír de forma significativa a resolver os problemas relacionados coa subministración de alimentos no mundo e acabar coa fame nos países en desenvolvemento. Todos dependemos dos polinizadores e por ese motivo, é crucial controlar o seu declive e deter a perda de biodiversidade.