Inicio Oficinas de Economía Circular
Fondo Oficinas Economía Circular

O FUTURO É CIRCULAR

A Economía Circular é un modelo que favorece o uso eficiente dos recursos, reduce a xeración de residuos e promove a sostibilidade. Para apoiar ás industrias e concellos galegos nesta transición, nacen as Oficinas de Economía Circular. Aquí atoparás asesoramento, formación e recursos para dar un paso cara á circularidade, unha oportunidade única para mellorar a competitividade e o impacto ambiental.

QUE SON AS OFICINAS DE ECONOMÍA CIRCULAR?

Que son las oficinas de economía circular

As Oficinas de Economía Circular son espazos de apoio técnico e estratéxico creados para impulsar a transformación do modelo económico en Galicia. Están deseñadas para ofrecer asesoramento especializado tanto a empresas do sector industrial como a concellos, co obxectivo de fomentar a reutilización de recursos, reducir os residuos e promover un uso sostible dos materiais.

Tanto se es unha empresa que desexa adoptar prácticas máis sostibles como se es unha entidade local que quere mellorar a xestión dos residuos municipais, as Oficinas de Economía Circular son o recurso ideal para avanzar cara ao futuro circular.

SERVIZOS DAS OFICINAS

Asesoramento

ASESORAMENTO PERSONALIZADO

Recibe o apoio necesario para transformar os teus servizos e procesos e avanzar cara un modelo circular.

Formacion

FORMACIÓN ESPECIALIZADA

Participa en seminarios, obradoiros e xornadas formativas para aprender as mellores prácticas en economía circular.

Proxecto Colaborativo

PROXECTOS COLABORATIVOS

Fomenta a cooperación entre empresas, administracións e outras entidades para impulsar a economía circular no ámbito local e industrial.

Financiamento

ACCESO A FINANCIAMENTO

Guiámoste nas convocatorias de fondos europeos e outras axudas para implementar solucións circulares e sostibles.

BENEFICIOS PARA A INDUSTRIA

As empresas que adopten prácticas de economía circular mellorarán a súa eficiencia, reducindo custos operativos, optimizando recursos e mellorando a súa imaxe de cara aos consumidores. Ademais, contribuirán á loita contra o cambio climático, xa que a economía circular xira en torno á reducción das emisións e á minimización dos residuos.

SOLICITAR ASESORAMENTO

BENEFICIOS PARA OS CONCELLOS

Os concellos galegos que aposten pola economía circular optimizarán a xestión de residuos, mellorarán os servizos públicos e fomentarán a participación cidadá. A través das Oficinas de Economía Circular, poden acceder a ferramentas, información e formación para avanzar na sostibilidade e circularidade no eido local.

SOLICITAR ASESORAMENTO

PROGRAMA DE MENTORING EN CIRCULARIDADE INDUSTRIAL DE GALICIA

PROGRAMA DE MENTORING EN CIRCULARIDAD DE GALICIA

É unha iniciativa para impulsar a circularidade industrial en Galicia co acompañamento de líderes en sostibilidade do sector, que compartirán a súa experiencia, estratexia, ferramentas e coñecementos para a transformación circular do ecosistema industrial galego.

A través deste programa, as empresas mentorizadas poderán integrarse nun modelo produtivo máis sostible e colaborativo, beneficiándose do coñecemento e experiencia das tractoras.

EMPRESAS TRACTORAS

APORTACIÓNS

Mentoring Check 1

Experiencia e coñecemento para desenvolver proxectos de simbiose industrial.

Mentoring Check 2

Capacidade de liderado, impulsando a transición cara a modelos circulares.

Mentoring Check 3

Oportunidades de colaboración e innovación, fortalecendo o ecosistema industrial.

RESULTADOS

Mentoring Check 4

Influír estratexicamente no ecosistema industrial galego.

Mentoring Check 5

Transferir coñecemento cara a outras empresas.

Mentoring Check 6

Potenciar novas liñas de negocio e innovación.

Mentoring Check 7

Mellorar a súa imaxe corporativa e reputación.

Mentoring Check 8

Fortalecer sinerxías e colaboracións con outras empresas.

EMPRESAS MENTORIZADAS

As empresas mentorizadas recibirán apoio personalizado para optimizar os seus procesos e integrar a circularidade no seu modelo de negocio. Ao participar no programa, conseguirán:

Mentoring Emp Check 1

Optimizar recursos e reducir custos mediante modelos de colaboración.

Mentoring Emp Check 2

Identificar novas oportunidades de negocio vinculadas á economía circular.

Mentoring Emp Check 3

Fortalecer a súa competitividade mediante prácticas sostibles.

Mentoring Emp Check 4

Conectar con empresas tractoras para impulsar proxectos conxuntos.

Empresas mentorizadas

Este proxecto está cofinanciado nun 60% pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027.

Logos Xunta