Inicio Solicitude de Información default text

Taxas de informes meteorolóxicos

Taxa Informe sobre fenómenos meteorolóxicos específicos

Taxa de expedición de información ambiental específica (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, actualizada pola Lei 7/2019, de 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020).

Servizo 15 - MeteoGalicia

Códigos de taxas:

32.61.00 Informe sobre fenómenos meteorolóxicos específicos  
32.61.01 Informe de descrición da situación meteorolóxica por localidade e día 11,05€
32.61.02 Informe de descrición da situación meteorolóxica nunha localidade nun determinado mes 33,17€

Segundo indica o artigo 16.2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, para proceder á prestación do servizo, previamente deberán ser abonadas as taxas correspondentes. Para facer efectivo o ingreso existen dúas formas:

a) Cumprimentando o modelo de autoliquidaciónde taxas (pódese atopar en calquera Oficina Xestora da Xunta de Galicia) cos seguintes códigos:

  Código
Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio 15
Servizos centrais 13
Servizo de Meteogalicia 15
Taxa denominación (segundo proceda: texto ...) 326101
  326102

b) A través da carpeta Cidadáns da Oficina Virtual Tributaria

Lembre vostede que para as opcións a) e b) ten que enviar o xustificante orixinal do pagamento da taxa ao seguinte enderezo postal ou ben ao correo electrónico:

  • MeteoGalicia 
    Subdirección Xeral de Cambio Climático e Ordenación do litoral
    Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático
    San Lázaro, s/n - 15781 Santiago de Compostela - A Coruña
  • informacion-ambiental@xunta.gal