Inicio Solicitude de Información

Solicitude información

Solicitude de información ambiental

A Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información ambiental, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente, que adapta ao dereito español o Convenio de Aarhus e a lexislación comunitaria na materia, incorpora unha serie de previsións normativas destinadas a facer efectivos os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente.

A información ambiental solicitada debe referirse a datos e documentos existentes, é dicir debe obrar en poder dunha autoridade pública no sentido máis amplo(“en forma escrita, visual, sonora, electrónica, ou en calquera outra forma material”).

Información e consultas a través dos seguintes canles:

  • Por teléfono e fax: Horario de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas
    • Teléfono: 981 541 733
    • Fax: 981 541 714
  • Por internet:
  • Presencial:
    •  Formulario de rexistro
    • Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. San Lázaro s/n. 15781-Santiago de Compostela
    • Horario de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas
  • Correo postal:
    •  Formulario de rexistro
    • Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade. Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. San Lázaro s/n. 15781- Santiago de Compostela
  • Tramitación electrónica:
    • Usar procedemento xenérico PR004Ahttps://cmatv.xunta.gal/tema-portal-cmati/images/icos/iconNova.png

Documentos