Inicio Solicitude de Información

Solicitude información

Información ambiental

Considérase información ambiental toda información en forma escrita, visual, sonora, electrónica ou en calquera outra forma, que verse sobre as cuestións recollidas no artigo 2.3 da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información ambiental, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente (incorpora as Directivas 2003/4/CE e 2003/36/CE)

CONSULTAS:

- Teléfono: 981 541 733 (horario de luns a venres de 9:00 a 14:00h)

- Correo electrónico: informacionambiental.medioambiente@xunta.gal

(Non se atenderan solicitudes por ningunha destas vías)

SOLICITUDES DE INFORMACIÓN AMBIENTAL

Electrónicamente: mediante o procedemento xenérico PR004A

Presencialmente: a traves do seguinte MODELO

En cumprimento do artigo 16.4. da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas:

  • No rexistro electrónico da Administración ou Organismo ao que se dirixan, así como nos restantes rexistros electrónicos de calquera dos suxeitos aos que se refire o artigo 2.1.

  • Nas oficinas de Correos, na forma que reglamentariamente se estableza.

  • Nas representacións diplomáticas ou oficinas consulares de España no extranxeiro.

  • Nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.

  • En calquer outro que establezan as disposicións vixentes.

As solicitudes dirixiranse a:

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

San Lázaro s/n. 15781- Santiago de Compostela

 

Para solicitudes de Informes meteorolóxícos:

Nesta LIGAZÓN descríbese a forma de cómo solicitar informes meteorolóxicos, os tipos de informe que se emiten, así como as correspondentes taxas.

Para consultar os códigos e importe das taxas administrativas prema AQUÍ

Para acceder e consultar os datos meteorolóxicos recollidos nas estacións de Meteogalicia prema AXUDA

Documentos