A reciclaxe dos materiais que finalizaron a súa vida útil presenta grandes vantaxes respecto a utilización de materias primas naturais.

Nesta páxina explicarase como se poden usar os RCD.

A reciclaxe dos materiais que finalizaron a súa vida útil presenta grandes vantaxes respecto a utilización de materias primas naturais. Entre outras:

  • Reduce a cantidade de recursos naturais primarios necesarios

  • Soluciona a problemática orixinada pola eliminación de subprodutos de rexeite

  • Reduce o espazo necesario como escombreira

No marco do Programa de xestión de residuos de construción e demolición de Galicia (2005-2007), preséntanse unha fichas nas que se describen os distintos materiais reciclables, as súas posibles aplicacións, así como as pautas para o seu uso axeitado.

Como utilizar estas fichas?

1. Determinar a procedencia e composición do árido para clasificalo nalgún dos tipos reflexados na táboa:

TIPO 1 Árido reciclado procedente do tratamento de RCD con contido en produtos CERÁMICOS > 90% en peso
TIPO 2 Árido reciclado procedente do tratamento de RCD con contido en FORMIGÓN > 90% en peso
TIPO 3 Árido reciclado procedente do tratamento de RCD con contido en produtos PÉTREOS > 90% en peso
TIPO 4 Árido reciclado procedente do tratamento de RCD
4-A Mesturas de formigón, produtos pétreos e produtos cerámicos noutras porcentaxes
4-B Mesturas de tipos 1, 2, 3 ó 4-A con áridos naturais
4-C Mesturas de tipos 1, 2, 3, 4-A ó 4-B con áridos artificiais
TIPO 5 Árido reciclado procedente do tratamento de RCD
5-A Mesturas de tipos 1, 2, 3, 4 con proporciones > 10% en peso de materiais BITUMINOSOS
5-B Mesturas de tipos 1, 2, 3, 4 con proporciones ‹ 10% en peso de materiais BITUMINOSOS

Nas fichas só se contemplan como áridos reciclados propiamente ditos os tipos 1, 2, 3 e 4-A, dado que:

  • Os tipos 4-B e 4-C son unha mestura dos tipos anteriores con áridos naturais ou artificiais. Denominaranse áridos reciclados mestura.

O tipo 5 tampouco esta recollido nas fichas do programa.

En relación con estes áridos para novas mesturas bituminosas, o uso destes produtos reciclados en aplicacións in situ está permitido en estradas con categorías de tráfico pesado T2 a T4, excluíndo do seu uso as de categoría T00. No resto dos casos, o uso está limitado pola Orde Circular 8/01 sobre reciclado de firmes.

Para o uso nunha central de elaboración de mesturas bituminosas seguirase o establecido no artigo 542 do PG-3 Prego de Prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes, sobre o uso como árido do material homoxéneo procedente do reciclado de mesturas bituminosas, para o seu uso no proceso de produción de novas mesturas bituminosas en quente.

2. Identificar as posibles aplicacións:

  Tipo 1 Tipo 2 Tipo 3 Tipo 4-A
Formigóns estruturais   X X  
Formigóns non estruturais   X X X
Bases, subbases e chairas T2   X X X
Bases, subbases e chairas T3, T4 e beiravías T2   X X X
Bases, subbases e chairas beiravías T3 e T4   X X X
Terrapléns   X X X
Recheo e nivelación de polígonos e naves industriais   X X X
Recheo e nivelación de obras de edificación   X X X
Recheos de zanxas en obras de canalización   X X X
Recheo de terreos ou fincas X X X X
Pistas forestais e camiños rurais X X X X
Recheos en instalacións deportivas e de ocio 
(campos de golf, pistas de atletismo, de tenis, etc.)
X X X X
Material de aporte en vertedoiros X X X X
Recuperación de canteiras X X X X
Xardinería X X X X

Para este paso usamos a táboa que aparece nesta páxina. Estes usos defínense de forma xenérica para os áridos reciclados propiamente ditos. Sen embargo, nalgún caso, pode ser necesario mesturar árido reciclado con natural ou artificial (áridos reciclados mestura, tipos 4-B e 4-C) para alcanzar as especificacións ou recomendacións que cada uso requira.

3. Consultar la correspondiente ficha técnica de utilización:

Para esto podemos usar a siguiente relación:

  Ficha técnica
Bases, subbases e chairas T2 2
Bases, subbases e chairas T3, T4 e beiravías T2 3
Bases, subbases e chairas beiravías T3 e T4 4
Recheo e nivelación de polígonos e naves industriais
Recheo e nivelación de obras de edificacións
Recheos de zanxas en obras de canalización
5
Recheo de terreos e predios
Pistas forestais e camiños rurais
Instalacións deportivas
Material de fornecemento en vertedoiros
Recuperación de canteiras
6
Xardinería 7
Formigóns estructurais 8
Formigóns non estructurais 9
Recomendacións e consideracións sobre a utilización de formigóns estructurais e non estructurais reciclados 10

Referencias e normativa técnica específica.

  • Prego de Prescripcións Técnicas Xerais para Obras de Estradas e Pontes da Dirección Xeral de Estradas e Camiños Veciñais (PG3).
  • Prego de Prescripcións Técnicas Xerais para Obras de Conservación de Estrada (PG4).
  • Instrución Técnica de Formigóns Estruturais (EHE).
  • Norma UNE-EN 12620:2002, “Áridos para formigón”.
  • Norma UNE-EN 13043:2002, “Áridos para mesturas bituminosas e tratamentos superficiais de estradas, aeroportos e outras zonas pavimentadas”.
  • Norma UNE-EN 13055-1:2002, “Áridos lixeiros. Parte 1: Áridos lixeiros para formigóns, morteiros e caleas”.
  • Norma UNE-EN 13383-1:2003, “Escolleras. Parte 1: especificacións”.
  • Norma UNE-EN 13242:2002. “Áridos para capas granulares e capas tratadas con conglomerantes hidráulicos para uso en capas estruturais de firmes de estradas”.
  • Norma UNE-EN 13139:2002, “Áridos para morteiros”.
  • Norma UNE-EN 13450:2002, “Áridos para balasto”.