Se prohibe expresamente o depósito en vertedoiro de RCD que non foran sometidos a algunha operación de tratamento.

Na actualidade existen distintos procedementos para a xestión de residuos de construción e demolición. Debe terse en conta que o Real Decreto 105/2008 fomenta unha maior valorización dos RCD, ao prohibir expresamente o depósito en vertedoiro de RCD que non foran sometidos a algunha operación de tratamento.

Na actualidade existen distintos procedementos para a xestión de residuos de construción e demolición. Debe terse en conta que o Real Decreto 105/2008 fomenta unha maior valorización dos RCD, ao prohibir expresamente o depósito en vertedoiro de RCD que non foran sometidos a algunha operación de tratamento.

En Galicia estanse a levar a cabo principalmente tres vías de xestión para este tipo de residuos en función da tipoloxía e tamaño do escombro:

  • Envío a plantas de reciclado ou tratamento de RCD fixas → Válida para escombros mesturados ou limpos.

Trataríase de instalacións de valorización de residuos nas que se realiza normalmente unha operación R5 (reciclado ou recuperación doutros materiais inorgánicos) nas que se depositan, seleccionan, clasifican e valorizan as distintas fraccións que conteñen estes residuos, co obxectivo de obter produtos finais aptos para a súa utilización. A maquinaria empregada nestas instalacións inclúe machacadoras, cribas, cintas de transporte, equipos de eliminación de contaminantes e electroimáns. O sistema de tratamento variará en función da aplicación final que se lle vaia dar ao material reciclado e da cantidade de impurezas que conteñan os RCD.

  • Xestión directa do escombro en obra mediante o procesado en planta móbil → Válida para escombros limpos obtidos da demolición selectiva.

A xestión directa dos RCD en obra permite obter materiais reciclados que poden ser novamente utilizados na propia obra.

Para realizar esta xestión unicamente basta con contratar os servizos dun xestor autorizado de residuos que disponga de planta móvil de tratamiento de RCD e facer en obra unha clasificación adecuada dos residuos.

Os métodos de demolición selectiva, que se organizaría de forma inversa ao de construción, axudan a mellorar a xestión directa de residuos en obra xa que reducen in situ os escombros a tamaños que poidan ser tratados polo triturador primario da planta móbil e diminúen a presenza de impurezas nestes escombros.

  • Utilización dos materiais en obras de restauración, acondicionamento ou recheo → Opción válida unicamente para os materiais inertes procedentes de RCD.

Algúns dos residuos que se poden xerar en obras de construción e demolición son considerados inertes:

Residuos considerados inertes segundo a Decisión do Consello, do 19 de decembro de 2002

170101

Formigón

170102

Ladrillos

170103

Tellas e materiais cerámicos

170107

Mesturas de formigón, ladrillos, tellas e materiais cerámicos

170202

Vidro

170504

Terra e pedras

Estes residuos poderían someterse a operacións de xestión de residuos inertes, e ser empregados en obras de acondicionamento ou recheo na restauración de canteiras e outros espazos degradados, sempre e cando cumpran coa condición de inertes, e sexan adecuados para o uso ao que se destinan. Prema  aquí  para máis información en relación coa xestión de residuos inertes.

  • Xestión de residuos que conteñen materiais bituminosos → O tratamento realizarase nunha liña separada evitando a mestura con outros residuos (incluídos os RCD).

Estes residuos trátanse para a obtención de materiais que poidan utilizarse para a fabricación de mesturas bituminosas. Estes tratamentos consisten no triturado e homoxeneización dos residuos, e levan consigo un procedemento de admisión para evitar a entrada en planta de residuos perigosos e as instalacións deben dispor de medidas específicas de protección durante o almacenamento previo e posterior do material, así como nas zonas de tratamento. As técnicas máis máis utilizadas para o tratamento destes residuos son:

  • Reciclado in situ con emulsión de capas bituminosas.

  • Reciclado in situ con cemento de capas de firme.

  • Reciclado en central en quente de capas bituminosas.

No caso de que os residuos bituminosos sexan perigosos (LER 170301*) deberán empregarse outros procesos de valorización máis complexos, como poderían ser tratamentos térmicos que inclúan o procesado dos gases de saída.

En todos os casos anteriores, os materiais obtidos como resultado do tratamento dos residuos de construción e demolición deberán cumprir os requisitos técnicos e legais para o uso ao que se destinen.


 

Autorización para a xestión de residuos de construción e demolición

Para poder realizar actividades de tratamento de residuos de construción e demolición usados a empresa deberá solicitar autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos, ou no seu caso como planta móbil para aqueles códigos LER que pretenda tratar.

A solicitude de autorización como xestor de valorización de residuos non perigosos, debe conter a documentación establecida no Decreto 174/2005, do 9 de xuño, polo que se regula o réxime xurídico da produción e xestión de residuos e o Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, e na Lei 22/2011, do 28 de xuño, de residuos e solos contaminados. Se quere consultar o procedemento e a documentación a aportar prema aquí