Información sobre as obrigacións asociadas aos distintos tipos de aparellos que conteñan PCB.

Nesta páxina encontrara información sobre as obrigacións asociadas a os distintos aparellos que conteñan PCB.

Tipos de aparellos con PCB

  • Aparellos que conteñen PCB:
    Considéranse aqueles que conteñan ou contiveran PCB, tales como os transformadores eléctricos, resistencias, indutores, condensadores eléctricos, arrancadores, equipos con fluídos termocondutores, equipos subterráneos de minas con fluídos hidráulicos e recipientes que conteñan cantidades residuais, sempre que non foran descontaminados por debaixo de 50 ppm en peso de PCB.
  • Aparellos fabricados con fluídos de PCB:
    Aqueles aparellos que conteñen PCB debido a que foron fabricados equipándoos dende a súa orixe con dieléctricos ou fluídos constituídos por PCB
  • Aparellos contaminados por PCB:
    Aparellos que, aínda que fabricados con fluídos que orixinariamente non contiñan PCB, ao longo da súa vida contamináronse, nalgún dos seus compoñentes, con PCB nunha concentración igual ou superior a 50 ppm.
  • Aparellos que poden conter PCB:
    Aqueles aparellos dos que exista unha razoable sospeita de que poden terse contaminado con PCB na súa fabricación, utilización ou mantemento; EXCEPTO cando polo seu historial se deduza o contrario ou se acredite, mediante a correspondente análise química, que a súa concentración en peso de PCB é inferior a 50 ppm.

Aparellos sometidos a inventario

Os aparatos sometidos a inventario clasifícanse segundo o contido de PCB. Esta clasificación pode consultarse na táboa de esta páxina.

Volume PCB Concentración PCB no fluído illante  
> 5 dm3 500 ppm (a)
50-500 ppm (b)
1-5 dm3   (c)

(a) Tamén pertencen a este grupo os seguintes casos:

  • Os aparellos fabricados cun fluído illante diferente de PCB que se someteran a tratamento de filtrado ou desencovaranse para a reparación ou conversión
  • Os aparellos obxecto de operacións de mantemento ou outras manipulacións coas cales se orixina contaminación

(b) Na declaración deste tipo de aparellos pode omitirse a cantidade de PCB contido nos mesmos, ademais das datas e tipos de tratamento ou substitución realizados ou previstos.

(c) Na declaración destes aparellos pode omitirse a concentración total de substancias PCB, datas e tipos de tratamento ou substitución realizados ou previstos de se realizar e o peso total do aparello.

Obrigas dos posuidores

  • Declarar anualmente a posesión de aparellos sometidos a inventario, as previsións para a súa descontaminación ou eliminación, e identificar os aparellos xa descontaminados ou eliminados.
  • Descontaminar ou eliminar, antes do 1 de xaneiro de 2011, os PCB e aparellos que os conteñen, coas características e prazos establecidos pola normativa.
  • Etiquetar convenientemente os aparellos e os locais onde están situados.
  • Acreditar, cando sexa preceptivo, o contido de PCB mediante análises químicas normalizadas.