O Real Decreto 1378/1999, modificado polo Real Decreto 228/2006 , establece a obriga de eliminar ou descontaminar os PCB e aparellos que os conteñan antes do final de 2010; coa excepción dos transformadores eléctricos debilmente contaminados, os cales poden estar operativos ata o fin da súa vida útil.
O Real Decreto 1378/1999, modificado polo Real Decreto 228/2006 , establece a obriga de eliminar ou descontaminar os PCB e aparellos que os conteñan antes do final de 2010; coa excepción dos transformadores eléctricos debilmente contaminados, os cales poden estar operativos ata o fin da súa vida útil.
O Plan Nacional de descontaminación e eliminación de policlorobifenilos (PCB), policloroterfenilos (PCT) e aparellos que os conteñan establece os obxectivos, prazos, instrumentos e vías de seguimento e control para eliminar os PCB.
En relación coa descontaminación ou eliminación dos PCB, a normativa establece que:
A descontaminación ou eliminación deberase realizar dentro dos prazos que aparecen na táboa de esta páxina.
Aparellos fabricados con fluídos de PCB (1) | Descontaminación ou eliminación | |
---|---|---|
Transformadores eléctricos con PCB>500 ppm Outros aparellos con PCB >= 50 ppm |
Data de fabricación descoñecida | Antes do 1 de xaneiro de 2007 |
Data de fabricación anterior a 1965 | Antes do 1 de xaneiro de 2007 | |
Data de fabricación entre 1965 e 1969 | Antes do 1 de xaneiro de 2008 | |
Data de fabricación entre 1970 e 1974 | Antes do 1 de xaneiro de 2009 | |
Data de fabricación entre 1975 e 1980 | Antes do 1 de xaneiro de 2010 | |
Data de fabricación posterior a 1980 | Antes do 1 de xaneiro de 2011 | |
Aparellos contaminados por PCB | Porcentaxes mínimas de eliminación ou descontaminación (2) (3) | |
Ano 2006 | 20 % | |
Ano 2007 | 25 % | |
Ano 2008 | 33 % | |
Ano 2009 | 50 % | |
Ano 2010 | 100 % |
(1) Se un aparello fabricado con fluído de PCB, sen inventariar, aparece en data posterior á que lle corresponde para a súa eliminación ou descontaminación, o posuidor deberá dar conta delo ao órgano competente da C.A., explicando as razóns polas que ese aparello era descoñecido. Inmediatamente, deberá entregado a un xestor autorizado, dándoo de alta no inventario referente ao ano da súa aparición.
(2) Referidas á cantidade total en peso (sólido máis líquido) dos mesmos que posúan ao comezo de cada ano
(3) Os posuídores dun número de aparellos contaminados inferior a seis poderán descontaminar ou eliminar un por ano, sempre que o último sexa antes do ano 2011.