Inicio Pregunta frecuente

GaIA eResiduos. Quen ten obriga de utilizar esta aplicación

GaIA eResiduos

O artigo 29 da Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia indica que TODOS os documentos relacionados cos traslados de residuos dentro do ámbito da comunidade autónoma serán presentados ante o órgano competente da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en formato electrónico a través da plataforma habilitada para o efecto, de conformidade co previsto nesta lei e na normativa que a desenvolva, neste caso a plataforma GaIA eResiduos.

• Todos os OPERADORES de traslados (estén ou non inscritos no RXPXRG) deben presentar os documentos de traslado en GaIA eResiduos.

RD 553/2020. OPERADOR DO TRASLADO - Persoa que pretende trasladar ou facer trasladar residuos para o seu tratamento e en quen recae a obrigan de notificar o traslado.
1. Produtor do residuo
2.Novo produtor (que realice operacións de tratamento previo, mezcla, …)
3. Xestor de almacenamento en caso de recollida a varios productores, ou en caso de entrega a xestor de tratamento.
4. Negociante
5. Axente
6. Posuidor

ADEMAIS:

Artigo 26.2: Os suxeitos produtores de residuos perigosos, os suxeitos produtores de residuos non perigosos que produzan máis de 1.000 toneladas anuais e aqueles suxeitos pequenos produtores de residuos perigosos que se determinen regulamentariamente, cando produzan residuos en instalacións situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, están obrigados a levar o arquivo cronolóxico de xeito telemático a través da plataforma habilitada para ese efecto pola consellaría competente en materia de residuos.
Artigo 27.5: Os suxeitos xestores que leven a cabo operacións de tratamento, incluída a almacenaxe de residuos, en instalacións situadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia deberán levar o arquivo cronolóxico de xeito telemático a través da plataforma habilitada para ese efecto pola consellaría,

Así teñen deber de levar o arquivo cronolóxico a través da plataforma GAIA  eResiduos: 

  •  Produtores de residuos perigosos que xeren mais de 10  t/año.
  •  Produtores de residuos non perigosos que xeren mais de 1.000  t/año.
  •  Produtores de residuos sanitarios.
  •  Xestores de residuos que leven a cabo operacións de tratamento: almacenamento, eliminación ou valorización (incluídas as plantas móbiles).

MAIS INFORMACIÓN:

https://sirga.xunta.gal/gaia-eresiduos