ANUNCIO do 6 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Celso Gómez Valencia y Otros, S.C., para unha explotación porcina de produción de tipo mixto no lugar das Casas da Veiga-Ganade, no concello de Xinzo de Limia (expediente 2019-IPPC-M-83).
Sométese a información pública, durante un período de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado:
– Revisión da autorización ambiental integrada 2008/0048_AIA_IPPC_209. Explotación porcina A Curuxeira. As Casas da Veiga-Ganade-Xinzo de Limia (Ourense).
Para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.
O documento estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).
Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).