Inicio Listado novas Os Concellos de...

Os Concellos de Cenlle, Boborás, Pereiro de Aguiar e Ourense reciben asesoramento telemático para a elaboración do PACES

Pacto dos Alcaldes

A Oficina Técnica de Pacto dos Alcaldes, coordinada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, mantivo reunións telemáticas cos Concellos de Cenlle, Boborás, Pereiro de Aguiar e Ourense, nos que o persoal técnico informou aos traballadores e representantes municipais dos pasos a seguir para a elaboración do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible - PACES, así como solventar dúbidas xeradas durante o proceso de redacción do mesmo.

Ligazón