Inicio Listado novas AAE simplificad...

AAE simplificada Modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial de Tremoedo, Vilanova de Arousa

Avaliación Ambiental Estratéxica

Está a súa disposición co obxecto de sometelo a consultas, segundo establece o artigo 60.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o borrador do seguinte plan: Procedemento: avaliación ambiental estratéxica simplificada. Nome do plan: Modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial de Tremoedo para a reforma da calificación pormenorizada de dúas parcelas. Promotor e órgano substantivo: Concello de Vilanova de Arousa. Expediente: 2020AAE2428. Código web: 2296/2020. No caso de que o estimen conveniente, rógase envíen as observacións e suxestións que considere oportunas en relación aos posibles efectos ambientais significativos do plan.

Ligazón

O prazo para esta consulta está aberto dende o día 14/02/2020 ata o día 14/04/2020.